Reunión técnica de Wáter-polo

20200415_reunion_tec_wat

En tempos de confinamento, a área de Wáter-polo da Federación Galega de Natación continua realizando labores desde casa. Tras varias reunións mantidas polo Vogal de Wáter-polo, Alejandro García, coas diferentes Áreas da Federación, e as reunións entre a área de Wáter-polo da Federación Española co noso Director Técnico, Kike García, foi o momento de expoñer a situación a os adestradores mediante unha videoconferencia tentando avaliar a situación e, entre todos, ir tomando medidas para proceder da mellor maneira posible.

Ante a incerteza que de momento existe, polo de agora temos varia opcións que iremos definindo ao longo dos seguintes días en base aos acontecementos. Nestes momento o wáter-polo galego está máis unido que nunca, co obxectivo de recuperar a normalidade nas mellores condicións posibles e asegurando o benestar de todos.