Liga Galega de Wáter-polo (7 e 8 de marzo)

Resultados dos encontros de ligas de wáter-polo nas diferentes categorías:

División de honra masculina: primeiro encontro do play-off semifinal con vitoria a domicilio do C. W. Santiago na súa visita ao C. W. Coruña Rías Altas (12-13) e vitoria local do RCN Vigo diante do C. W. Pontevedra (16-10).

División de honra feminina: vitoria a domicilio do RCN Vigo na súa visita ao C. W. Santiago (4-11) co que queda pendente do terceiro encontro o club que acceda á final na que xa espera rival o C. W. Pontevedra.

Liga masculina 2ª división: vitoria a domicilio do C. W. Pontevedra B na súa vista ao RCN Vigo B (9-21).

Liga cadete mixta: vitoria local do C. W. Coruña Rías Altas diante do Asociación Coruñesa de Waterpolo (9-2).

Liga infantil mixta: vitorias locais do C. W. Coruña Rías Altas diante do Asociación Coruñesa de Waterpolo (15-7), do C. W. santiago A diante do C. W. Santiago B (10-0) e do RCN Vigo diante do C. W. Pontevedra (10-0), e vitoria a domicilio do C. W. Santiago A na súa visita ao Asociación Coruñesa de Waterpolo (0-10).

Liga alevín mixta: vitoria local do C. W. Santiago A diante do C. W. Santiago B (10-0), e vitorias a domicilio do C. W. Santiago A na súa visita ao Asociación Coruñesa de Waterpolo (2-7), do C. W. Santiago B na súa visita ao C. W. Cambre (0-10) e do Asociación Coruñesa de Waterpolo na súa visita ao C. W. Cambre (10-11).

Ler máis.