XXI Cto España alevín e infantil de inverno de Natación Artística

Bos resultados do Club Sincro Ourense e do Club Galaico Sincro no XXI Campionato de España alevín e infantil de inverno disputado esta fin de semana en Castellón.

En categoría alevín, tanto o C Galaico Sincro (posto 14) como o C Sincro Ourense (posto 16) acadaron unha clasificación entre os 16 primeiros clubes o que lles permite participar no Campionato de España de verán de primeira división.

En categoría infantil, o C Sincro Ourense (posto 14) tamén se clasifica para participar no Campionato de España de verán de primeira división.

A nivel individual destacan como primeiras galegas clasificadas en figuras, Daniela Suárez Fernández do C Galaico Sincro en categoría alevín e Estela Ojea Vázquez do C Sincro Ourense en categoría infantil. Na competición de figuras, tamén participaron nadadoras do R. C. N. Vigo tanto en categoría alevín como infantil.

No combinado libre de categoría alevín o C Sincro Ourense acadou o posto 15 e o C Galaico Sincro o posto 16.

En categoría infantil o combo do C Sincro Ourense clasificouse no posto 18 e o de C Galaico Sincro no posto 22.

Acceso á web de resultados