Tecnificación de Wáter-polo

20200301_tec_wp_inf_fem_1

20200301_tec_wp_inf_fem_2

Aínda que non é ningunha novidade, xa que as nosas deportistas levan realizando xornadas de tecnificación deportiva durante todo o ano, na xornada do 7 de marzo volvéronse a xuntar xogadoras de waterpolo de toda Galicia para realizar unha intensa xornada de mañá e tarde no Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra.

Hoxe día 8 de marzo non queremos deixar de aproveitar a oportunidade para realzar o mérito que teñen as nosas deportistas e lembrar todas aquelas xogadoras que iniciaron hai uns anos a actividade do waterpolo feminino na nosa comunidade. Consideramos que o deporte ten que ser vehículo de transmisión de valores como o respecto, igualdade, compañeirismo…por iso avogamos por seguir nesta liña e a unificación e irmandade de todas e todos os integrantes do waterpolo galego siga sendo a tónica para crecer como deporte e o máis importantes como persoas.