Liga Galega de Wáter-polo (29 de febreiro e 1 de marzo)

Resultados dos encontros de ligas de wáter-polo disputados esta fin de semana:

División de honra masculina: vitorias locais do C. W. Coruña Rías Altas diante do C. Marina Ferrol (13-5) e do RCN Vigo diante do C. W. Pabellón Ourense (12-4) no terceiro encontro do play-off co que os equipos de A Coruña e Vigo, se clasifican para a ronda de semifinais que disputarán a partir da vindeira fin de semana, ante C. W. Santiago e C. W. Pontevedra respectivamente.

Liga cadete mixta: vitoria a domicilio do C. W. Pontevedra na súa vista ao C. W. Santiago (7-13).

Liga infantil mixta: vitoria local do C. W. Santiago A diante do C. W. Pontevedra (10-0).

Liga alevín mixta: dobre vitoria local do C. W. Coruña Rías Altas diante de Asociación Coruñesa de Waterpolo (8-5) e do C. W. Cambre (11-7) e vitoria a domicilio do C. W. Pontevedra na súa vista ao C. W. Santiago A (4-5).

Liga benxamín mixta: vitoria local do C. W. Santiago diante do C. W. Pontevedra (9-6).

Ler máis.