Campionato Galego de Natación Artística de Inverno

20200220_art_cto_gal art_inv

Esta fin de semana vaise disputar na piscina Javier Gómez Noya de Ferrol o Campionato Galego de Natación Artística de Inverno no que participan 9 clubes con máis de 150 nadadoras, en xornadas de mañá e tarde, tanto o sábado como o domingo.

O Campionato para as categorías alevín e infantil será de figuras e rutina combinada, mentres que para a categoría júnior será de rutinas técnicas e libres de solo, dúo, equipo e combo (só rutina libre) e para a categoría sénior rutina técnica de solo e dúo e rutina libre de solo, dúo e highlight.