Quinto posto final para a Selección Galega no VIII Campionato de España por CCAA júnior e infantil.
A Selección Galega acadou o quinto posto final na clasificación conxunta das dúas categorías, por detrás de Cataluña, Madrid, Valencia e Andalucía.
Tanto a Selección de categoría infantil como a de categoría júnior acadaron o sexto posto final.
No plano individual hai que destacar a Mellor Marca Galega de 16 anos batida por Ana Cernadas en 100 costas na primeira posta da remuda 4x100 estilos júnior cunha marca de 1:05.98.
Tamén os terceiros postos de Julia Rodríguez en 200 estilos infantil e de Paula Otero en 200 estilos júnior.