Cto España CCAA Júnior-Infantil. Xornada 1

20200215_cto_esp_ccaa

Comezou a disputarse na piscina do C. N. Metropole de Las Palmas o VIII Campionato de España de Natación por CCAA júnior-infantil.

Ao remate da primeira xornada, a Selección Galega infantil vai segunda en categoría feminina e quinta en categoría masculina, e a Selección júnior vai quinta en categoría feminina e sétima en categoría masculina.

Na clasificación conxunta júnior e infantil, Galicia ocupa o quinto posto.

A nivel individual, destacan varios nadadores:

Ana Cenadas bateu a Mellor Marca Galega de 16 anos en 200 costas con 2:22.68.

Paula Otero foi primeira en 800 libre júnior con 8:46.23 nadando por debaixo da marca mínima para o Campionato de Europa Júnior.

Outros nadadores en postos de pódium foron: Carla Carrón, segunda en 50 libre infantil, Julia Rodríguez, segunda en 100 bolboreta infantil, Pablo Cabana, segundo en 400 estilos infantil e Alicia Bouzas, segunda en 800 libre infantil.

Acceso á web de resultados