María Vilas e María de Valdés co Equipo Nacional en Doha

As nadadoras María Vilas Vidal do C. N. Galaico e bolseira do CGTD, e María de Valdés Álvarez do C. N. Liceo, están convocadas para participar co Equipo Nacional Absoluto de Augas Abertas no Marathon Swim World Series que se disputa en Doha (Qatar) o 15 de febreiro. Esta proba, sobre unha distancia de 10 K, e clasificatoria para o preolímpico que se disputará a finais do mes de maio en Fukuoka.

Para esta competición tamén están convocados Fernando Zarzosa adestardor do CGTD e Jesús de la Fuente, adestrador do C. N. Liceo, como integrantes do cadro técnico.