Liga Galega de Wáter-polo (8 e 9 de febreiro)

Resultados dos partidos de ligas de Wáter-polo disputados a fin de semana:

División de honra masculina: segundo partido de play-off con vitorias locais do C. W. Coruña Rías Altas diante do C. Marina Ferrol (12-8) e do C. W. Pabellón diante do RCN Vigo (11-10). Haberá terceiro encontro nas dúas eliminatorias.

División de honra feminina: comezaron a disputarse os play-off cun encontro entre C. W. Pontevedra e C. W. Pabellón con vitoria das pontevedresas (19-2).

Liga cadete mixta: vitoria a domicilio do RCN Vigo na sua visita ao Asociación Coruñesa de Waterpolo (5-9).

Liga infantil mixta: vitorias a domicilio do Asociación Coruñesa de Waterpolo na súa visita ao C. W. Santiago B (9-13) e do RCN Vigo na sua visita ao Asociación Coruñesa de Waterpolo (0-10).

Liga alevín mixta: vitorias a domicilio do Asociación Coruñesa de Waterpolo na súa visita ao C. W. Santiago B (5-13), do RCN Vigo na sua visita ao Asociación Coruñesa de Waterpolo (6-11) e do RCN Vigo na súa visita ao C. W. Cambre (8-18), e vitoria local do C. W. Santiago A diante do C. W. Cambre (10-0)

Ler máis.