Xornada 3 do Cto. Galego de Natación Júnior e Infantil de Inverno e Copa Galega Sénior

20200209_nat_cto_gal_juni_infa_inv_juni

20200209_nat_cto_gal_juni_infa_inv_infa

Rematou a terceira e última das tres xornadas do Cto. Galego de Natación Júnior e Infantil de Inverno e Copa Galega Sénior que se celebrou en Pontevedra na piscina Rías do Sur durante os días 7, 8 e 9 de febreiro de 2020.

O C. del Mar proclámase campión galego júnior e tamén campión galego infantil.

Na Copa Galega Sénior a nadadora que acadou a maior puntuación FINA foi Beatriz Gómez Cortés do C. N. Galaico en 200 libre con 766 puntos e o nadador que acadou a maior puntuación fina foi Miguel Martínez Novoa en 200 bolboreta con 757 puntos.

Os equipos que gañan as clasificacións son:

Campionato Júnior:

Feminina: C. N. Coruña 458,00.
Masculina: C. del Mar 440,00.
Total: C. del Mar 692,00.

Campionato Infantil:

Feminina: C. N. Ponteareas 382,00.
Masculina: C. N. Ferrol 367,00.
Total: C. del Mar 587,00.

Ler máis.