Carla Goyanes concentrada en Sierra Nevada

A nadadora do C. N. Galaico e bolseira do CGTD Carla Goyanes García, está convocada para participar co Equipo Nacional Júnior-2 de Augas Abertas (equipo de promoción 10k), nunha concentración en altura que terá lugar do 3 ao 25 de xaneiro en Sierra Nevada.

Para esta concentración, tamén está convocada a nadadora Aroa Silva Fidalgo do C. N. Santa Olaya e bolseira do grupo de augas abertas da RFEN/CGTD.