Estela Ojea, Iria Fernández, Blanca Fidalgo e Daniela Suárez, no Campus Ránking 30 de Natación Artística alevín

As nadadoras Estela Ojea Vázquez e Iria Fernández Rodríguez do C. Sincro Ourense, Blanca Fidalgo García do RCN Vigo e Daniela Suárez Fernández do C. Galaico Sincro, participarán no Campus que terá lugar no Colexio Gredos San Diego en Buitrago de Lozoya (Madrid) do 28 ao 30 de decembro.

A esta actividade tamén está convocada Diana Fernández, adestradora do C. Galaico Sincro como integrante do cadro técnico.