María Vilas terceira no Rio Negro Challenge de Brasil

imaxeimaxe

A nadadora María Vilas Vidal do C. N. Galaico e bolseira do CGTD acadou o terceiro posto no Río Negro Challenge disputado en Manaos (Brasil) sobre unha distancia de 8,5 km, sendo a primeira española da clasificación.

Nesta competición na que María estaba formando parte do equipo nacional absoluto de augas abertas, participaban, ademais das españolas, destacadas nadadoras internacionais de Brasil, Portugal, Francia e Perú.