Óscar Montes, no Campionato Mundial Júnior de Wáter-polo

imaxeimaxe

Chegan boas noticias para o wáter-polo galego, pois Óscar Montes, ex-xogador do Club Marina Ferrol que actualmente xoga no Club Natació Sant Andreu, foi convocado para participar no Mundial Junior de Waterpolo Masculino que se disputará do 12 ao 20 de decembro en Kuwait. Esta convocatoria é outro paso máis que dá o xogador galego cuxa progresión está a deixar un pegada no noso waterpolo, sendo un referente para todos/ as os nosos/ as deportistas.