Cto España Figuras infantil e Rutínas Técnicas júnior de Natación Artística

Esta fin de semana disputouse en Madrid o III Campionato de España de Figuras infantil e de Rutinas Técnicas júnior de Natación Artística con participación de clubs galegos.

.

No Campionato de Figuras infantil o Club Sincro Ourense acadou o noveno posto na clasificación final por clubs e o Club Galaico Sincro o posto 18.

No Campionato de Rutinas Técnicas júnior, en solo, Ana Moyano Solís do C Sincro Ourense acadou o posto 14. En duo Rocío Blanco Vázquez e Ana Moyano Solís do C Sincro Ourense acadaron o posto 16, e en equipos, o C Sincro Ourense foi décimo e o C Galaico Sincro 15º.

Na clasificación final por clubs júnior, o C Sincro Ourense acadou o posto 15, o C Galaico Sincro o posto 17 e o C Sincro Pontevedra o posto 18.

Acceso á web do campionato