Xornada 4 do Cto. España Absoluto inverno

20191117_cto_esp_abs_800l

20191117_cto_esp_abs_200mp

Tres novas medallas, dúas mínimas para o Campionato de Europa Absoluto, un Récord Galego e unha Mellor Marca Galega no remate do LXIII Campionato de España Absoluto de inverno disputado en Gijón.

María Vilas Vidal do C. N. Galaico e bolseira do CGTD proclamouse campioa de España na proba de 800 libre con un tempo de 8:25.47 que ademáis é mínima para participar no Campionato de Europa Absoluto que se disputará en Glasgow do 4 ao 8 de decembro.

Beatriz Gómez Cortés do C. N. Galaico e bolseira do CGTD proclamouse subcampioa de España na mesma proba de 800 libre con 8:31.09, conseguindo tamén a mínima de participación para o Campionato de Europa Absoluto.

Miguel Martínez Novoa do R. C. N Vigo e integrante do grupo de adestramento do CGTD foi terceiro na proba de 200 bolboreta, batendo ademáis o RG da proba cun tempo de 1:57.37.

Paula Otero Fernández do C. N. Arteixo e bolseira do CGTD foi cuarta en 800 libre cun tempo de 8:34.47. Ademáis foi oitava en 200 boboreta batendo a MMG de 15 anos cun tempo de 2:14.15 nas eliminatorias.

Marcos García Garay do C. del Mar acadou o posto 14 en 200 bolboreta cun tempo de 2:03.27.

Óscar Pereiro Carril do C. N. Arzúa clasificouse para a final B de 50 libre con 22:77.

Acceso á web do campionato