Estela Ojea, Iria Fernández, Blanca Fidalgo e Daniela Suárez, invitadas ao Campus Ránking 30 de Natación Artística alevín

O esforzo continuado de todos os estamentos da FEGAN en Natación Artística comeza a dar os seus froitos coa presenza de catro nadadoras galegas no top 30 alevín da RFEN, unha porcentaxe máis que significativa nun ranking que até o de agora viña sendo copado sistematicamente polos grandes clubes nacionais.

Así, Estela Ojea Vázquez e Iria Fernández Rodríguez do C. Sincro Ourense, Blanca Fidalgo García do RCN Vigo e Daniela Suárez Fernández do C. Galaico Sincro, participarán no Campus que terá lugar no Colexio Gredos San Diego en Buitrago de Lozoya (Madrid) do 28 ao 30 de decembro.

A esta actividade tamén está convocada Diana Fernández, adestradora do C. Galaico Sincro como integrante do cadro técnico.

Ver a listaxe do Campus top 30