Nadadores Galegos co Equipo Nacional

Varios nadadores de clubes galegos están convocados para participar nos vindeiros días, en diferentes concentracións do Equipo Nacional.

María de Valdés Álvarez do C. N. Liceo estará concentrada co Equipo Nacional Absoluto do 21 do outubro ao 24 de novembro en Sierra Nevada, actividade á que tamén está convocado Jesús de La Fuente, adestrador do C. N. Liceo como integrante do cadro técnico.

María Vilas Vidal do C. N. Galaico e bolseira do CGTD e Gaspar Andrade Budiño do C. N. Liceo, están convocados co Equipo Nacional Absoluto de Augas Abertas para participar nunha concentración que terá lugar en Sierra Nevada do 21 de outubro ao 24 de novembro. A esta concentración, tamén está convocado Fernando Zarzosa, adestrador do CGTD.

Paula Otero Fernández do C. N. Arteixo e bolseira do CGTD vai participar nunha concentración do equipo ESP 20-24 que terá lugar no CAR Blume de Madrid do 27 de outubro ao 3 de novembro.

Andrea Domínguez Casabella e Pablo Cabana del Amo, do C.N. Ponteareas e bolseiros do CGTD participarán co Equipo Nacional júnior-1 e infantil de Augas Abertas nunha concentración que terá lugar no CAR Blume de Madrid do 27 de outubro ao 3 de novembro. A esta concentración tamén está convocada Luisa Domínguez, adestradora do CGTD.