Óscar Montes, elixido MVP

20191014_nat_maria_doha

Non deixan de chegar boas noticias desde Barcelona, se hai algunhas semanas anunciabamos a fichaxe do Galego Óscar Montes polo CN Sant Andreu, agora chegounos a noticia de que foi elixido como mellor xogador (MVP). Isto non é máis que o recoñecemento ao esforzo e dedicación, ademais do talento que posúe o ex-xogador do Club Marina Ferrol. Óscar disputou xa 3 partidos, con 2 derrotas, fronte ao CN Mataró por un igualado 9-8, e fronte ao CN Terrassa por 6-9, pero na terceira xornada conseguiu superar ao CN Catalunya por 10-12, sendo Óscar o mellor xogador. Desde Galicia estamos atentos aos seus pasos, sendo un referente para todo o waterpolo galego.