Paula Otero, Pablo Cabana e Aroa Silva na COMEN de Augas Abertas

Os nadadores bolseiros do CGTD Paula Otero Fernández do C. N. Arteixo, Pablo Cabana del Amo do C. N. Ponteareas e Aroa Silva Fidalgo, participan co Equipo Nacional de Augas Abertas os días 5 e 6 de outubro, na Mediterránean Open Water Swimming Cup - COMEN que se disputa en Larnaca (CYP). Paula e Pablo compiten o sábado na proba de 5 km infantil e o domingo Aroa compite na proba de 7,5 km Júnior-1.

A esta competición tamén está convocada Luisa Domínguez, adestradora do CGTD, como integrante do cadro técnico.