Nadadores galegos co Equipo Nacional de Augas Abertas

Un grupo de nadadores de clubes galegos está convocado para participar co Equipo Nacional de Augas Abertas nunha concentración de pretempada que se vai celebrar en Plasencia do 19 ao 22 de setembro e que rematará coa participación na etapa final da V Copa de España de Augas Abertas.

Os nadadores convocados son:

María Vilas Vidal e Carla Goyanes García do C. N. Galaico, María de Valdés Álvarez, Gaspar Andrade Budiño e Paula Otero Fernández do C. N. Liceo, Andrea Domínguez Casabella e Pablo Cabana del Amo do C. N. Ponteareas.