Proba 10 do Circuíto de Augas Abertas

Andrea Domínguez e Gaspar Andrade, repiten triunfo en Boiro.

O xoves pola tarde, na Travesía Illa de Bensa, décima proba do Circuito Galego de Augas Abertas 2019, os vencedores absolutos foron Andrea Domínguez Casabella do C. N. Ponteareas e Gaspar Andrade Budiño do C. N. Liceo.

En categorías Máster os vencedores foron os seguintes:

Máster 1: Cora Vinagre Sendino do A. D. Fogar.

Máster 2: Elisa Pichel García de Seárez do A. D. Fogar e Diego Sotelo Fernández do U. S. C.

Máster 3: Mª del Mar Terceiro Delgado do C. del Mar e Adolfo Fernández González do C. N. Galaico.

Máster 4: Manuel A Rodríguez Yáñez do C. N. Vigo Rías Baixas.