Pódiums de Andrea Domínguez, Alex Lages e Gaspar Andrade en Navia

20190806_aua_navia_andrea

20190806_aua_navia_lages

Boa actuación en Navia dos nadadores galegos convocados co Equipo Nacional de Augas Abertas.

Andrea Domínguez Casabella do C. N. Ponteareas e bolseira do CGTD foi terceira por partida dobre, tanto na proba da Copa de España disputada o sábado sobre unha distancia de 7,5 km, como no Descenso Internacional disputado o domingo sobre unha distancia de 5 km.

Alexandre Lages Brión do C.N. Galaico e bolseiro do CGTD foi terceiro nos 5 km da proba do Descenso Internacional.

Gaspar Andrade Budiño do C. N. Liceo foi terceiro nos 7,5 km da proba da Copa de España e cuarto no Descenso Internacional.