Gaspar Andrade, Alex Lages e Andrea Domínguez no Descenso Internacional Ría de Navia

Os nadadores Gaspar Andrade Budiño do C. N. Liceo e Alexandre Lages Brión do C. N. Galaico e bolseiro do CGTD, e a nadadora Andrea Domínguez Casabella do C. N. Ponteareas e bolseira do CGTD, están convocados co Equipo Nacional Absoluto e Júnior de Augas Abertas para participar no Descenso Internacional Ría de Navia.

A proba, que terá lugar na vila asturiana o vindeiro 4 de agosto, será sobre unha distancia de 5 km.

Acceso á web do campionato.