Carla Goyanes, Aroa Silva, Paula Otero e Pablo Cabana, no Campionato de Europa Júnior-Infantil de Augas Abertas

20190729_nat_cto_esp_inf_alicia

Os nadadores bolseiros do CGTD Carla Goyanes García do C. N. Galaico, Aroa Silva Fidalgo do C. N. Santa Olaya, Paula Otero Fernández do C. N. Liceo e Pablo Cabana del Amo do C. N. Ponteareas xa están en Racice (República Checa) para participar do 2 ao 4 de agosto, no Campionato de Europa Júnior e Infantil de Augas Abertas.

O venres día 2, Aroa Silva participa nos 7,5 Km de categoría júnior-1 e Paula Otero e Pablo Cabana, nos 5 Km de categoría infantil. O sábado día 3, Carla Goyanes participa nos 10 Km de categoría júnior-2.

Para esta competición, tamén está convocado Fernando Zarzosa, adestrador do CGTD como integrante do cadro técnico.