Proba 6 do Circuito de Augas Abertas

20190719_nat_cto_esp_ale

Gaspar Andrade e Andrea Domínguez, vencedores en A Coruña.

O xoves disputouse a Travesía ao Dique, sexta proba do Circuito Galego de Augas Abertas 2019, na que os vencedores absolutos foron, en categoría masculina Gaspar Andrade Budiño do C. N. Liceo, seguido de Lucas Costa Fernández do C. N. Ponteareas e Javier Alonso Rodríguez tamén do C. N. Ponteareas. En categoría feminina, a vencedora foi Andrea Domínguez Casabella do C. N. Ponteareas, seguida de Ana Buceta Lago tamén do C. N. Ponteareas e terceira Lucía Cal Fernández do R. C. N. Vigo.

En categorías Máster os vencedores foron os seguintes:

Máster 1: Alejandro Rodríguez Outeiriño do C. N. Escualos e Cora Vinagre Sendino do A. D. Fogar.

Máster 2: Jorge Massó Aguado do C. N. Vigo Rías Baixas e Elisa Pichel García de Seárez do A. D. Fogar.

Máster 3: Adolfo Fernández González do C. N. Galaico e Mª del Mar Terceiro Delgado do Club del Mar de San Amaro.