Proba 4 do Circuito de Augas Abertas

Gaspar Andrade e Estíbaliz Bugallo, vencedores xerais en Lugo.

O sábado disputouse a Travesía Minuis 2019, cuarta proba do Circuito Galego de Augas Abertas 2019, na que os vencedores xerais foron, en categoría masculina Gaspar Andrade Budiño do C. N. Liceo, seguido de Lucas Costa Fernández do C. N. Ponteareas e Javier Alonso Rodríguez tamén do C. N. Ponteareas. En categoría feminina, a vencedora xeral foi Estíbaliz Bugallo Pérez do Real C. Náutico Vigo, seguida de Antía Ortego Porta do C. N. Galaico e terceira Claudia Silva Suárez do C. N. Riveira.

En categorías Máster os vencedores foron os seguintes:

Máster 1: Rubén Domínguez Pardellas e Estíbaliz Bugallo Pérez, do Real C. Náutico Vigo.

Máster 2: Baltasar García Pérez-Schofield do C. N. Escualos e Vanesa Pillado Mariño do C. N. Riveira.

Máster 3: Adolfo Fernández González do C. N. Galaico e Nuria Mutilba Obregón do C. N. Ponteareas.