Xornada 3 do Cto. España de Wáter-polo Cadete Masculino

20190707_wat_cto_esp_cade_pontevedra

O Club Waterpolo Pontevedra continua o Campionato de España de Wáter-polo Cadete Masculino que se celebra en Lloret de Mar. Despois de clasificarse para oitavos e enfrontarse ao C. N. Mataró, encontro no o equipo catalán foi superior, gañando por 18-2, o C. W. Pontevedra comezou a súa loita particular polas prazas 9-16. Enfrontáronse pola mañá fronte ao C. N. Xerez cun resultado a favor de 11-12, e pola tarde xogaron fronte a Claret Askartza de novo, impoñéndose pola mínima, 7-6, conseguindo así o obxectivo de poder xogar hoxe o seu “final” particular fronte ao WP Xerez ás 10:00 por unha 9ª praza.