Oscar Montes finaliza a tempada

20190603_wat_oscar_montes

O xogador de wáter-polo galego Óscar Montes finalizou a tempada co seu clube, Club Natació Barcelona Vista, en 2ª posición na máxima categoría do water-polo nacional, a Liga PREMAAT Masculina.

O xogador ferrolán, disputou a final do Play Off polo título fronte ao Zodiac C. N. Atétic-Barceloneta, caendo derrotado no primeiro partido por 14-5 no primeiro partido e 8-7 no segundo. No seu camiño á final, o conxunto barcelonés eliminou previamente ao C. N Sant Andreu por 13-4 e 9-7 e posteriormente ao C. N. Terrassa no que tiveron que disputar tres partidos, quedando no primeiro 9-11 a favor, o segundo 11-10 en contra e o terceiro e definitivo 8-9.

Desta forma, por primeira vez un xogador galego, procedente do C. M. Ferrol, chegou ao subcampionato nunha competición nacional desta categoría.