O C. W. Pontevedra, campión da Liga Galega Cadete Mixta

O C. W. Pontevedra proclamouse Campión da Liga Galega de Wáter-polo Cadete mixta ao impoñerse por 5-16 na sua visita ao Asociación Coruñesa de Waterpolo.

Outros resultados da fin de semana foron:

Liga infantil mixta: vitoria local do C. W. Pontevedra diante do C. W. Santiago (9-6) e vitoria a domicilio do C. W. Pontevedra na súa visita ao Asociación Coruñesa de Waterpolo (3-13).

Liga alevín mixta: vitorias locais do C. W. Pontevedra A diante do C. W. Santiago B (9-2) e do C. W. Cambre diante do C. W. Pontevedra B (5-3), e vitorias a domicilio do C. W. Santiago A na súa visita ao C. W. Pontevedra B (0-10) e do C. W. Pontevedra A na súa visita ao C. W. Cambre (1-6).

Ler máis