Elena Sánchez, convocada para o Cto do Mundo de Gwangjou

20190228_nat_elena_sanchez_de_paz

Elena Sánchez de Paz membro destacado do Comité Galego de Árbitros, acaba de ser convocada pola FINA como integrante do xurado durante o 18 Campionato do Mundo de Natación Absoluto que se vai disputar do 21 ao 29 de xullo na cidade de Gwanjou (KOR). Unha vez máis, Elena forma parte do xurado dunha competición do máximo nivel, sumando así unha nova convocatoria ás xa numerosas ocasións nas que intervén en competicións de ámbito tanto nacional como internacional.