Rematou a segunda e derradeira xornada do Cto. Galego de Natación Alevín de Verán que se celebrou en Ourense na piscina municipal Rosario Dueñas durante os días 30 de xuño e 1 de xullo de 2018.
O Club Natación Ferrol proclámase campión galego alevín de verán.
Na clasificación masculina o gañador foi tamén o Club Natación Ferrol e o gañador da clasificación feminina foi o Club Natación Galaico.
Clasificacións:
Feminina:
1. C.N. GALAICO 328.
2. R.C.N. VIGO 298.
3. C. MARINA FERROL 215.
Masculina:
1. C.N. FERROL 356.
2. C.N. CORUÑA 325.
3. CLUB DEL MAR 219.
Total:
1. C.N. FERROL 522.
2. C.N. GALAICO 520.
3. C.N. CORUÑA 475.