Mañá venres inaugúranse os XVIII Xogos do Mediterráneo de Tarragona con representantes galegos na competición de natación que se disputa do 23 ao 25 de xuño:
Marcos García Soto do CN Ferrol, participa o domingo en 50 bolboreta e o luns 50 libre.
Sergio Campos Varela do CN Coruña, participa o sábado en 50 costas.
Tamén a nadadora Bea Gómez Cortés, agora no CN Sabadell, participa o domingo en 200 estilos.
Ademais, no estamento arbitral, Elena Sánchez de Paz, actuará como compoñente do xurado da competición.