Xornada 5 do Cto. de España de Natación Absoluto OPEN e Júnior de Primavera

20180411_nat_sergio_campos

Unha medalla máis e unha Mellor Marca Galega para rematar o Campionato de España de Natación Absoluto OPEN e Júnior de Málaga.

Sergio Campos Varela do CN Coruña e bolseiro do CGTD proclamouse subcampión de España absoluto en 50 costas con 25.85.

Alexander Armstrong Posada do RCN Vigo bateu, na primeira posta do relevo 4X100 estilos, a MMG de 17 anos en 100 costas con 58.78.

Outros nadadores destacados foron:

Marcos García Soto do CN Ferrol e bolseiro de CGTD foi cuarto en 50 libre con 23.10.

Xabier Carneiro Viqueira do C del Mar e bolseiro do CGTD clasificouse para a final júnior de 400 estilos con un tempo de 4:37.26 nas eliminatorias, acadando sétimo posto da final.

María de Valdés Álvarez do CN Liceo foi quinta en 400 estilos con 4:50.63.

Ane de la Fuente Fiaño do CN Liceo clasificouse para a final júnior de 400 estilos na que acadou o cuarto posto con 5:00.17.

Carla Goyanes García do CN Galaico clasificouse para a final júnior de 400 estilos na que acadou o quinto posto con 5:01.12.

Alba Gómez Mesías do CN Arteixo e bolseira do CGTD clasificouse para a final B de 100 braza con 1:13.59 acadando o posto 15 final.

Acceso á web do campionato.