As seleccións galegas masculina e feminina infantil, tiveron onte a oportunidade de asistir ao adestramento da selección nacional de wáter-polo absoluta feminina e de estar coas xogadoras a pe de piscina. Debido á coincidencia no calendario da Final da Euro Dup coa disputa do Campionato de España de Wáter-polo Infantil por CCAA fai que non poidan gozar desta competición internacional, aínda que terán a oportunidade de ver o vindeiro martes 27 un partido de liga mundial entre España e Hungría.
Esta actividade organizada pola Federación Galega de Natación foi posible grazas á colaboración do persoal e xogadoras da selección nacional e do CW Pontevedra.