O CN Vigo Rías Baixas proclamouse Camapión Galego Máster de Fondo, despois da disputa do campionato celebrado en Ponteareas na categoría total e tamén na masculina. En categoría feminina o club campión foi o CN Ponteareas.
Durante o campionato bateronse un total de 26 Récords Galegos
Os vencedores do IX trofeo Gerardo Steudel foron:
Estíbaliz Bugallo Pérez do RCN Vigo en 1500 libre feminino.
David Rodríguez Lago do CDN Cidade de Santiago en 1500 libre masculino.
Aroa Freije Torneiro do CN Portamiñá en 800 libre feminino.
Adrián Bouza Padrón do CN Rias Baixas en 800 libre masculino.