Cto. Galego de Natación Alevín de Verán - Xornada 1

20170701_nat_liga_gal_alev_campion

20170701_nat_novas_medallas

Rematou a primeira das dúas xornadas do Cto. Galego de Natación Alevín de Verán que se está a celebrar en Ourense na piscina municipal Rosario Dueñas durante os días 1 e 2 de xullo de 2017.

Nesta xornada fíxose entrega ao CN Ferrol do trofeo ao clube campión da liga galega de natación alevín da tempada 2016/17.

Estase a entregar o novo modelo de medallas da FEGAN en todas as disciplinas os cales inclúen o novo logotipo. A súa entrega comezou nas competicións de verán.

Mellores Marcas batidas

  • Pablo Cabana del Amo do CN Ponteareas MMG 13 anos en 1500 libre con 17:31.27.
  • Eva López Feijoo do CN Pabellón Ourense MMG 13 anos en 100 libre con 1:01.75.
  • Pablo Cabana del Amo do CN Ponteareas MMG 13 anos en 200 bolboreta con 2:21.34.
  • Bruno Picallo Marante do CN Coruña MMG 13 anos en 200 estilos con 2:25.21.

Clasificacións:

Feminina:

1. C.N. LICEO 142.
2. C.N. FERROL 117.
3. C.N. PABELLON OURENSE 113.

Masculina:

1. C.N. PORTAMIÑA LUGO 148.
2. C.N. FERROL 141.
3. C.N. CORUÑA 104.

Total:

1. C.N. FERROL 258.
2. C.N. LICEO 227.
3. C.N. GALAICO 183.

Ler máis.