Paula Goyanes, Ane de la Fuente, Gaspar Andrade e Manuel Tomé co equipo nacional de Augas Abertas en Lanzarote.

As nadadoras Paula Goyanes García do CN Galaico, bolseira do CGTD, Ane de la Fuente Fiaño do CN Liceo e os nadadores Gaspar Andrade Budiño do CN Arzúa e Manuel Tomé Sanles do CN Riveira, bolseiros do CGTD, están convocados para participar nunha concentración de preparación xeral co Equipo Nacional Júnior de Augas Abertas. Esta concentración celebrarase en Lanzarote (Tinajo) do 16 ao 26 de novembro.