A nadadora María Vilas Vidal do CN Riveira acadou o segundo posto na proba de 1500 libre no Meetin Internacional de Canet, cun tempo de 16:18.14. En 200 bolboreta acadou o 7º posto da final B cun tempo de 2:16.18
Pola súa banda, Beatriz Gómez Cortés do CN Galaico non participou porque segue co seu proceso de recuperación despois da intervención cirúrxica á que se someteu hai unhas semanas.