María Vilas Vidal do CN Riveira e Alejandro Passaretti Pereira co CDN Cidade de Santiago, bolseiros do CGTD, están convocados para participar nunha concentración de preparación en altitude que terá lugar no CAR de Sierra Nevada. Alejandro estará do 2 ao 21 de xaneiro co Equipo Nacional Esp-2020, e María do 4 ao 25 de xaneiro co Equipo Nacional Absoluto.