O AD Liceo, Campión da Copa Galega de Natación Alevín

O AD Liceo proclamouse Campión da Copa Galega de Natación Alevín, ao vencer a competición disputada o sábado en Riazor, entre os oito primeiros clubes clasificados na Liga da categoría. O segundo posto foi para o CN Portamiñá e terceiro o C Marina Ferrol.

Na competición disputada no RCN Vigo, entre os clubes clasificados do 9º ao 16º da liga, o vencedor foi o CN Ferrol, seguido do CN Arteixo e do RCN Vigo.

Ler máis.