Concentración con Vitoria Sport Clube de Portugal

Foto.

O pasado sábado 22 de Febreiro, a Pre-Selección Galega de Wáter-pólo Infantil Mixta realizou unha xornada de adestramentos e partidos cun equipo de categoría superior de Portugal, o Vitoria Sport Clube.

Esta actividade, con vistas a preparar o Campeonato de España de Waterpolo Infantil Mixto por CCAA o vindeiro mes de abril, serviu para que os deportistas teñan a oportunidade de competir con equipos diferentes aos que están acostumados, e agardamos que serva para futuros acercamentos co pais veciño.