Cto. de España de Wáter-polo Xuvenil de 2ª categoría

20150706_cto_esp_wat_xuve_galaico

A pasada fin de semana disputouse nas Palmas, o Campionato de España de Waterpolo Xuvenil de 2ª Categoría, onde Galicia tivo como representante ao Club Waterpolo Galaico Pontevedra. O equipo Galego quedou encadrado no grupo C, xunto ao CW Castelló (derrota por 9-4) e Gymnapolis Soller (vitoria por 4-3). Os resultados dos primeiros partidos clasificaron o Galaico para cuartos de final, xogando o cruzamento contra o CN A Latina (derrota por 16-5), deixando ao equipo Galego fóra das semifinais. Na loita polas posicións 5º-8º, enfrontouse ao CN Askartza (derrota 4-15). No partido polas posicións finais, 7º-8º posto, xogaron contra o CN Metropole (derrota 10-9) finalizando o campionato en 8º posición. Malia os resultado adversos, a imaxe do CW Galaico Pontevedra foi moi boa, competindo contra rivais cunha maior densidade competitiva desde categorías inferiores, e superiores físicamente, xa que o equipo Galego xoga cun alto número de cadetes e só 4 xuvenís. Felicitamos ao CW Galaico Pontevedra polo Campionato onde a aprendizaxe dos xogadores será moi positivo para o clube e para todo o Waterpolo Galego.

Cto. de España de Natación OPEN. Xornada 1

Foto.

Bea Gómez e María Vilas, acadan mínima para o Cto de Europa en 800 libre.

As nadadoras Beatriz Gómez Cortés do CN Galaico e María Vilas Vidal do CN Riveira, bolseiras do CGTD, acadaron a marca mínima esixida para participar no Campionato de Europa Absoluto que se disputará en Berlín no vindeiro mes de agosto. Bea fixo 8:30.27, acadando o segundo posto e María con 8:35.73 foi terceira.

Outros nadadores que acadaron postos de finalista foron:

  • Marcos García Soto do CN Ferrol foi 8º en 50 libre con 0:23.12
  • Aurora Pérez Fernández de Córdoba do CN Coruña e bolseira do CGTD, foi 9ª en 100 braza cun mellor tempo de 1:12.54 nas eliminatorias.
  • Laura Santalla Trigo do CN Ferrol acadou o posto 15 en 100 braza con 1:14.76
  • Tomás Manso Fraga do C Marina Ferrol e bolseiro do CGTD acadou o posto 15 en 200 bolboreta batindo a Mellor Marca Galega de 15 anos cun tempo de 2:09.24 nas eliminatorias.
  • Paula Goyanes García do CN Galaico e bolseira do CGTD acadou o posto 18 en 200 bolboreta con 2:25.72.
  • Manuel Dávila Lustres do CN Riveira e bolseiro do CGTD, posto 15 en 200 costas con 2:08.70.
  • Marc Ciurana Roca do CN Pabellón Ourense foi 8º en 1500 libre con 16:04.83.
  • Gaspar Andrade Budiño do CN Arzúa e bolseiro do CGTD, posto 13 en 1500 libre con 16:40.35.
  • Aitor Carneiro Viqueira do AD Liceo, posto 15 en 1500 libre con 16:45.51.
  • Tomás Manso Fraga do C Marina Ferrol e bolseiro do CGTD, posto 18 en 1500 libre con 16:56.68.
  • Laura Pimentel Pérez do CN Pabellón Ourense foi 9ª en 800 libre con 9:02.82.

Web do campionato.

Liga Galega de Wáter-polo (5 e 6 de abril de 2014)

Pay-off 1ª división: vitoria do CN Coruña diante do CW Santiago no terceiro e definitivo encontro, co que se clasifica para xogar a final para a que xa estaba clasificado o CW Galaico Pontevedra.

Segunda división: vitoria a domicilio do CW Umia na súa visita ao CW Santiago B, e vitorias locais do CN Coruña B diante do CW Umia e do CW Santiago B diante do CW Galaico Pontevedra B.

Liga cadete: vitorias a domicilio do CW Galaico Pontevedra na súa visita ao CW Santiago e do CN Coruña na súa visita ao Asociación Coruñesa de Waterpolo (pendente de reclamación).

Liga infantil: vitoria a domicilio do CN Coruña na súa visita ao Asociación Coruñesa de Waterpolo (pendente de reclamación).

Liga alevín: vitoria a domicilio do CN Coruña na súa visita ao Asociación Coruñesa de Waterpolo (pendente de reclamación).

Ler máis.