A Federación Galega de Natación busca incorporar un/a profesional con titulación de Entrenador/a Nacional de Natación (ENE) ou Adestrador/a Deportivo/a de Nivel III de Natación Artística para dirixir e desenvolver o traballo técnico-deportivo do grupo de deportistas bolseiras no Centro Galego de Tecnificación Deportiva (CGTD), en Pontevedra.
FUNCIÓNS E RESPONSABILIDADES
Planificación, organización e desenvolvemento das sesións de adestramento de Natación Artística, tanto no medio acuático como en seco.
Dirección e seguimento do grupo de deportistas bolseiras no CGTD.
Asistencia e acompañamento ás deportistas nas competicións nas que participen, así como nas actividades da modalidade organizadas pola Federación.
Dirección e desenvolvemento do Programa de Tecnificación de Natación Artística da Federación Galega de Natación.
CONDICIÓNS DO POSTO
Incorporación: 1 de decembro de 2026.
Horario: A determinar en función das necesidades organizativas e deportivas da Federación, acordándose coa persoa seleccionada e tendo en conta as necesidades de adestramento e planificación da actividade no CGTD.
PRESENTACIÓN DE CANDIDATURAS
As persoas interesadas deberán enviar o seu currículum vítae (CV), acompañado dunha copia da titulación requirida, as seguintes direccións de correo electrónico: secretaria@fegan.org / presidente@fegan.org




















