Presentación en Pontevedra da Copa do Mundo de Natación Artística 2026 que terá lugar nas instalacións de Rías do Sur do 29 ao 31 de maio.
Contará coa participación de 29 países representando a catro dos cinco continentes. O evento xuntará a 450 persoas a pé de piscina entre organización e deportistas.
A comparecencia contou coa presencia de Fernando Carpena, presidente da RFEN; Miguel Anxo Fernández, alcalde de Pontevedra; Ramón Pereiro, representante da Xunta de Galicia; Juan Carlos Brión, presidente da FEGAN e a nadadora de CNA Galaico Pontevedra, Daniela Suárez membro do equipo nacional que representará a España neste Campionato.



















