Convenio de colaboración

20260409_nat_convenio.jpg

A Federación Galega de Salvamento e Socorrismo (FESSGA) e a Federación Galega de Natación (FEGAN) asinaron un protocolo de colaboración. O obxecto do convenio é regular a colaboración entre ambas durante a tempada deportiva 2025/2026, mediante o intercambio de medios técnicos e servizos necesarios para o desenvolvemento das súas respectivas competicións oficiais.

O acordo foi asinado pola presidenta da FESSGA, Nuría Rodríguez e polo presidente da FEGAN, Juan Carlos Brión.

Convenio.