Campionato de España Infantil de Wáter-polo por Federacións Autonómicas

20260329_wat_seleccion

Última xornada dos equipos galegos masculino e feminino de wáter_polo no Campionato de España infantil por FFTT con vitoria para as mozas ante a comunidade Valenciana con comodidade por 8 goles a 3, obtendo a novena praza final, nun campionato no que demostraron estar cada vez máis preto das mellores seleccións loitando todos os encontros e dando unha gran imaxe.

Pola súa banda o equipo masculino obtivo unha decimosegunda praza final tras caer no último encontro ante a Federación Navarra 11-7, mellorando a clasificación da tempada pasada e dando unha boa imaxe e loitando cada partido tendo en conta que practicamente a metade da selección é de primeiro ano.