Clinic Wáter-polo

20260313_wat_clinic.jpg

Os días 21 e 22 de marzo a Federación Galega de Natación organiza en colaboración coa Real Federación Española de Natación, un Clinic de Tecnificación de Wáter-polo con Carla Fargas, seleccionadora española Cadete e Xuvenil .

Terá lugar nas instalacións de Rías do Sur (Pontevedra). O horario será o seguinte:

Sábado 21:

13:00 h a 14:30 h charla

16:00 h. Partido de primeira Nacional CW Pontevedra - CN Rubí

17:30 h tecnificación feminina dirixida por Carla Fargas na que participará a selección Galega Feminina e a que poderá acudir calquera xogadora feminina dende a categoría Infantil ata absoluta.

Domingo 22:

10:00 h a 11:45 h charla

12:00 h a 13:15 h tecnificación masculina onde participará a Selección Galega Masculina e os xogadores infantis e cadetes que o desexen

As persoas interesadas debererán confirmar a súa asistencia a través do correo electrónico, antes do mércores 18 de marzo.