Presentación do Campionato Galego Infantil Mixto de Wáter-polo de Inverno que se disputará este sábado día 14 na piscina de Rías do Sur. Estiveron Juan Carlos Brion, Presidente FEGAN; Rafael Domínguez, Vicepresidente e deputado do Museo Provincial e Convento de Santa Clara; Dª Blanca García-Señoráns Álvarez; Directora Territorial desta Consellería en Pontevedra-Vigo e Alberto López, Presidente de CW Pontevedra.
No campionato participarán 91 rapaces e 32 rapazas de 7 clubs. Dará comezo coas eliminatorias as 10:00 horas. As 16:00 horas as finais.






















